2 de diciembre de 2019, 14:03
Comezan as primeiras adhesións a una previsible manifestación na capital de Compostela se é que o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, non comparece en Verín a dar explicacións ao medio cento de concentrados no interior das portas do despacho do xerente, Miguel Abad.
Un dos autobuses da empresa M. Pérez de A Mezquita.
Rafael Pérez, alcalde de A Mezquita e empresario do sector do transporte de viaxeiros, anunciou a Diario do Támega que nos seus autobuses viaxarase gratis a Santiago para participar nunha previsible concentración ás portas da Xunta de Galicia se é que o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña non se achega ata Verín para falar cos concentrados.