domingo. 05.05.2024
2021111422312859594-01

O Centro de día de Verín aproveita este luns festivo para abrirlle as súas instalacións á veciñanza da vila. Trátase da ocasión perfecta para coñecer o necesario traballo que fan as profesionais que coidan e estimulan a a creatividade dos nosos maiores no centro sociosanitario de referencia da contorna, como se pode ver cos traballos que están a vender no seu posto da Feira de Nadal da Praza García Barbón. 

 
Pero quen asista non só poderá coñecer isto de primeira man, senón que desfrutará dun delicioso chocolate acompañado dunha bica para mollar nel. Dende o Centro de día Solleira animan a todo o que o desexe a achegarse mañá luns desde as 10:00 ata as 13:00 horas. Agárdante alí!

Chocolate e bica para todos en Solleira!