Venres. 29.03.2024
IMG_0729 (Medium)
O presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, presentando o novo proxecto termal. | FOTO: Cedida

O presidente da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, vén de presentar o proxecto do primeiro complexo de piscinas exteriores con auga naturalmente quente de Portugal, Aquae Salutem. Un espazo, en pleno corazón de Chaves, que vai contar tamén con espazos de hidromasaxe, de relaxamento e tanques de contraste con diferentes temperaturas ligadas entre si. Segundo Vaz, "o obxectivo é construír un espazo dotado de programas de prevención e cura do estrés, cansancio e ansiedade e poder promocionar a saúde. Que as persoas poidan explorar novos sentidos e novas sensacións ". Todo para que os visitantes se 'mergullen' nas propiedades das Termas de Chaves, lugar onde vai estar construído. 

Este complexo, ademais de reforzar, diversificar e estabilizar as opcións termais existentes, é unha afirmación de identidade, turística e termal de Chaves. Vai potenciar o desenvolvemento da cidade (Nuno Vaz, presidente da Cámara de Chaves)

As obras van comezar previsiblemente o vindeiro mes de agosto e supoñen un investimento de algo máis de 1.200.000 euros.

NOTICIAS VERÍN | Chaves construirá un complexo de piscinas termais ao aire libre, o...