martes. 16.04.2024
centro de día
As instalacións de "Raiola" estarán pechadas os vindeiros 15 días dende este sábado 14 de marzo.

"Atendendo ás medidas de contención aprobadas na mañá de hoxe polo Consello da Xunta de Galicia, polas que se ordea o peche de todos os centros sociocomunitarios e se limitan as concentracións de máis de 50 persoas en lugar pechado, e tras recibir a recomendación do goberno local do Concello de Verín co obxectivo de diminuír as posibilidades de contaxio; o Centro de Día Raiola de Verín suspenderá a súa actividade e pechará as súas instalacións a partir desde sábado, día 14 de marzo de 2020. A suspensión da actividade do centro terá unha duración de 15 días a contar dende este sábado, día 14, e poderá ser prolongada en función da evolución da situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19". É o anuncio que acaba de facer nas redes sociais a xerencia do Centro de Día "Raiola" de Verín, advertindo que pecha temporalmente a súa actividade dende o vindeiro sábado, mantendo as súas portas abertas con total normalidade no día de mañá venres 13 de marzo. 

Dende a dirección do Centro de Día agradecen a comprensión das familias e recomendan seguir as instruccións das autoridades sanitarias do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade á fin de contribuír á diminución dos contaxios. 

O Centro de Día de maiores "Raiola" suspende a súa actividade por recomendación do...