Xoves. 08.12.2022
A vila do Támega acollerá este sábado o maior desfile de camións engalanados de Galicia

Caravana multicolor dos transportistas da comarca na honra ao seu patrón San Cristobo

Captura de pantalla 2019-07-05 a las 10.51.37
Un camión durante un dos desfiles de anos pasados. FOTO: CARLOS MONTERO.

As rúas de Verín acollerán este sábado sábado, día 6, o desfile de camións engalanados máis importante de Galicia, segundo os seus organizadores, os socios da asociación Agrutransve.

O desfile, que comezará ás 16,30 horas, aglutina aos máis de cen transportistas da localidade, con motivo da festividade de San Cristobo, patrón dos conductores e transportistas.

Neste evento, os camioneiros de Verín engalanan as súas cabezas tractoras con motivos florais, vexetais e mesmo referentes á actualidade con diversos recursos. Os propios camioneiros aseguran que se trata "do evento destas características máis importante de Galicia", e que a propia empresa MAN así llelo recoñeceu o ano pasado, premiando algunhas das súas iniciativas e levando un dos vehículos de xira por toda España.
Este ano, o desfile partirá ás 16,30 horas da antiga lonxa agropecuaria, dirixíndose pola Avenida de Sousas ata as rúas centrais da vila. Para obter máis información, pode chamarse ao número 609.42.64.21.