viernes. 19.04.2024
Gráfica de casos activos ata este venres 6 de novembro de 2020 no concello de Verín.
Gráfica de casos activos ata este venres 6 de novembro de 2020 no concello de Verín.

O día no que comeza un novo peche total -agás para o servizo a domicilio e comidas para levar- de todo o sector da hostalería en 60 municipos galegos, entre os que se inclúe o de Verín -o único en toda a comarca-, o Sergas vén de notificar unha considerable caída no número de casos activos no concello. Á primeira hora da mañá eran 55 as persoas que aínda padecen a covid - 19, sete menos que as rexistradas tan só 24 horas antes. 

Ata o pasado 28 de setembro hai que remontarse para atopar unha cifra idéntica á contabilizada esta mesma mañá, cando aínda bares, cafeterías e restaurantes permanecían abertos. Con todo, o número de novos positivos rexistrados nos últimos sete días foron suficientes para que a Xunta de Galicia engadise ao concello de Verín -onte e durante un só día, porque hoxe xa abandonou esa categoría- entre os 50 municipios en alerta vermella, que son aqueles nos que se rexistraron 21 novos casos -ou máis- na última semana. 

Na comarca, e dende ás 15:00 horas do pasado venres 30 de outubro ata as 9:00 horas deste sábado 7 de novembro, os novos casos positivos rexistrados na comarca foron os seguintes:
 

  1. Verín: 21 positivos novos
  2. Castrelo do Val: 5
  3. Monterrei: 5 (3 en Albarellos e 2 en Vilaza)
  4. A Gudiña: 2
  5. Laza: 1
  6. Riós: 1
  7. Oímbra: 1

Verín estivo só un día en alerta vermella, Xinzo segue estando

Os municipios ourensáns do Carballiño, Barbadás e Verín, así como a localidade pontevedresa de Baiona e a luguesa de Monforte de Lemos deixaron de figurar en vermello este sábado no mapa semáforo que cada día actualiza o Sergas, grupo que marca a máxima alerta polos casos detectados de covid-19 e no que ingresan Noia (A Coruña), Soutomaior (Pontevedra) e Chantada (Lugo).

Deste xeito, o número de municipios sinalados en vermello no mapa sitúase en 48, dous menos que o venres, mentres que son 25 os concellos no segundo nivel de alerta, o laranxa.

Pontevedra é a provincia con maior número de concellos en vermello cun total de 21: Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Séguelle A Coruña, na que están un total de 19 concellos en alerta máxima: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Cabana, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Noia.

Por contra, na provincia de Ourense só hai tres municipios en alerta máxima: a capital provincial (Ourense), Xinzo de Limia e Ribadavia. En Lugo son 5: Cervo, Chantada, Viveiro e Burela, ademais da propia Cidade das Murallas.

Caen ata cifras de setembro os casos activos en Verín, que hoxe deixou de estar en...