viernes. 19.04.2024
plenoabril2019
Última sesión plenaria desenrolada no Concello de Verín.

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica hoxe todas as listas que concorrerán aos comicios locais do vindeiro 26 de maio. No arquivo adxunto achéganse para a súa consulta todas as dos municipios da área de influencia deste xornal.

Na da capitalidade -Verín- só se aprecian uns lixeiros cambios, pero significativos no caso do Partido Popular, onde ata tres dos concelleiros electos na pasada campaña do 2015 ou ben que acabaron ocupando escano no plenario municipal, non estarán repetindo nesta edición: María Inmaculada Hervella Ramos, Antonio Ángel Méndez Atanes e Daniel Diéguez Diéguez.

No caso da lista socialista, liderada de novo polos dous independentes Gerardo Seoane Fidalgo e o doutor José Luis Martín Domínguez, só un concelleiro electo na pasada convocatoria, Elías Taboada Nieves, queda fóra das opcións de repetir sentado na Corporación municipal.

Non haberá, como así se agardaba, candidatura de Ciudadanos. Alberto Prieto, finalmente, declinou por motivos persoais encabezar o proxecto laranxa. Si estará VOX, con Domingo Benito Otero en cabeza, e a representación da formación cidadanista de Luís Villares, En Marea.

CENA MITIN DOS SOCIALISTAS

Todos os socialistas da comarca están citados mañá xoves, dende as 21,30 horas e no restaurante San Roque de Verín, á cea mitin de presentación das candidaturas comarcais. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero asistirá para intervir e arroupar aos seus correlixionarios.

O Boletín Oficial da Provincia publica todas as listas que concorrerán ás alcaldías