Venres. 29.03.2024
Unha niveladora arranxa os terreos do bulevar entre Fontenova e a rúa Espido, en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Unha niveladora arranxa os terreos do bulevar entre Fontenova e a rúa Espido, en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Esta semana reiniciáronse as obras da construción do bulevar que conectará o parque de Fontenova co centro da vila de Verín seguindo a liña marcada da rúa Espido. Este mesma mañá, unha niveladora marcaba o trazado do novo bulevar, que levará incorporados á cada unha das súas marxes árbores da especie Liquidámbar, tamén coñecido como estoraque ou árbore do ámbar, exemplares que poden chegar ata os 20 metros de altura e a súa maior explosión de colorido dase, precisamente, na época de outono. 

Liquidámbares agardando para seren plantados. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.Liquidámbares agardando para seren plantados ás beiras do bulevar entre a rúa Espido e Fontenova. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

A nova avenida permitirá o acceso dos vehículos de transporte ás naves de almacenamento e á propia embotelladora das instalacións da fonte, deixando completamente libre do tránsito de vehículos a que era até o de agora a entrada principal do balneario. 

Apariencia que se pretende para o novo bulevar entre Espido e Fontenova.Apariencia que se pretende conseguir no novo acceso a Fontenova. 

Outro paseo de características similares partirá tamén dende a rúa Espido para comunicar o auditorio e as antigas instalacións da lonxa agropecuaria. Unha terceira vía comunicará San Félix co flanco este do novo parque. 

Estudio previo do futuro Parque de Fontenova.

O rexedor local, Gerardo Seoane, adiantou que nos orzamentos do vindeiro 2021 "incluiranse case 400.000 euros para a execución, durante ese ano, dunha nova fase do parque de Fontenova e a definitiva adquisición dos terreos que faltan para a súa execución". 

 

A toda máquina as obras do bulevar que conectará Fontenova co centro de Verín