Xoves. 28.03.2024
A rúa Montemaior -na imaxe- volverá a estar sen terrazas, polo menos, un mes máis. | FOTO: Noelia Caseiro.
A rúa Montemaior -na imaxe- volverá a estar con terrazas en pouco tempo. | FOTO: Noelia Caseiro.

Con 14 casos activos arestora e cunha incidencia de 103 casos por 100.000 habitantes -cando os parámetros que baralla o comité clínico da Xunta de Galicia para levantar a man nas restricións é de menos de 100 casos por cada 100.000 habitantes-, o rexedor verinense Gerardo Seoane, na xuntanza telemática que tivo esta mesma mañá con responsables da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, trasladoulle a necesidade de que se revisen á maior brevidade posible as restricións que aínda ten Verín como se fose un concello de alta incidencia da COVID - 19.

Gerardo Seoane explicoulle aos responsables sanitarios que "o peche perimetral está ocasionando graves danos económicos ao sector comercial, porque Verín é unha vila na que case o 50 por cento da súa clientela chega dende as aldeas, e é unha medida que agora, coa incidencia rexistrada dos casos actuais, xa non se sostén", apunta. Seoane Fidalgo tamén incidiu no peche que sofren os donos de bares e cafeterías e así lle trasladou tamén a preocupación do sector aos voceiros da Consellería de Sanidade: "Só lle tentei facer ver que o sector dos bares e cafeterías da vila fixeron un esforzo extraordinario e moito antes de que se lles obrigase a pechar. Cando en Carballiño se cerraban por decreto actividades non esenciais, os nosos bares xa pechaban de xeito voluntario, e creo que iso deben telo en conta no comité clínico", explicou o rexedor. 

Por último, Gerardo Seoane preguntoulle aos intervintes se tiñan artellado un plan de contención de posibles contaxios de cara á ponte dos primeiros días de decembro: "Apelo á responsabilidade, unha vez máis, de todos nós para non tirar pola borda o traballo que se ten conseguido ata o de agora con moito sacrificio. Se permiten regresar a unha certa normalidade, debemos manter o respecto escrupuloso ás normas hixiénicas e de comportamento para que os casos non volvan a ser moitos no Nadal", rematou Seoane Fidalgo. 

O Concello de Verín pídelle á Xunta que levante as restricións na vila "se poden, este...