viernes. 26.04.2024
Diego Lourenzo con el cartel de la programación de las Letras Gallegas. | FOTO: Cedida.
Diego Lourenzo co cartel da programación das Letras Galegas. | FOTO: Cedida.

O Concello de Verín presentou este mércores a programación de actividades que se desenvolverán en Verín para celebrar o Día das Letras Galegas. Diego Lourenzo Moura, en representación do Área de Cultura, confirmou as actividades que terán lugar entre o 12 e o 19 de maio.

A programación arrinca o 12 de maio na Biblioteca Municipal de Verín, que organiza unha sesión de contacontos e manualidades das Letras Galegas, dirixida polo seu voluntariado, para os socios e socias máis pequenos (de 3 a 9 anos). As inscricións son obrigatorias debido ás prazas limitadas.

O 16 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar na Praza da Mercé o concerto. “Ialma canta a Rosalía”, un espectáculo no que Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo contan a súa historia, que é a de tantos emigrantes. "O noso proxecto é, coma o de Rosalía, un horizonte de esperanza. Amamos a vida, a música, a poesía, a danza, a xente. Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir", así definen este espectáculo as integrantes do grupo

As cantareiras de Ialma viaxaron polo mundo durante máis de 20 anos tocando a súa música e levando as tradicións galegas a lugares afastados. Influenciadas por grandes artistas e inspiradas na cultura musical e nas tradicións da súa terra, construíron un repertorio propio adaptado e actual.

Xa o propio 17 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín a tradicional gala musico-literaria das Letras Galegas. Na mesmazrecitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conservatorio Profesional de Verín será o encargado de poñer o broche musical a este evento, que será presentado pola verinesa Helena Pousada Godás.

Por último, o venres 19 de maio, ás 19:30h, na Biblioteca Municipal de Verín terá lugar a presentación e proxección do Documental "O Camiño Mozárabe: Sangue, suor e Fe", escrito por Vázquez Taín e producido por Amarola Produciones. Este documental é un proxecto de máis de dous anos de investigación no que se pon o foco de atención nun dos roteiros máis relevantes do Camiño de Santiago, que quedou inxustamente relegado nos últimos anos e que estamos a tentar recuperar co próximo proxecto.

Exposición temática na Biblioteca

Ademais, ata o mes de xullo, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia. A exposición está composta por 10 carteis e unha unidade didáctica, que percorren as dez paradas máis importantes na vida de D. Paco Fernández del Riego.

Devandita mostra complementa, xunto coa conferencia realizada o pasado día 27 de abril, as actividades realizadas pola Biblioteca do Concello de Verín para homenaxear a D. Francisco Fernández del Riego, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

NOTICIAS VERÍN | O Concello de Verín presenta unha semana chea de actividades polo Día...