jueves. 25.04.2024
Concierto Conservatorio110519-52
Esta imaxe, aínda que con outros protagonistas, volverá a repetirse, por partida dobre, esta fin de semana. | FOTO: Manuel San Martino.

Fin de semana solleiro e con boa temperatura. A meteoroloxía ideal para desfrutalo fóra da casa vivindo a Verín e os seus arredores. Por diante dous días nos que a celebración dos Maios na vila verinense será cita obrigada


Velaí un amplo detalle dos plans culturais programados na comarca de Monterrei e redores.

 


SÁBADO 30 DE ABRIL

 

Verín

  • En Verín tamén hai opcións onde escoller. Ás 17:00, ás 19:30 e ás 22:00 proxectarase a película Morbius. As entradas poderán adquirirse media hora antes das proxeccións por 5 €.
  • Ás 19:00, a Banda do Conservatorio de Música de Verín -composta nesta cita polos máis cativos da MiniBand e os mestres- dará un concerto solidario na Igrexa Parroquial. Todo o recadado irá en beneficio de Cáritas Verín.
  • Despois, ás 20:30, o grupo Gargallada Teatro do Barco interpretará Un Desastre de Función no Auditorio Municipal de Verín. Esta actuación encádrase na programación do XII Festival de Teatro Entreculturas, organizado polo grupo local La Caja de Pandora. O prezo de entrada por sesión é de 5 € e poderá adquirirse no Auditorio.
  • Tamén ás 20:30, e iniciando a programación local para os Maios, terá lugar na praza García Barbón unha homenaxe a Enrique Gómez Pato, o impulsor dos Maios. A celebración terá como invitados de honra ó ebanista Gerardo Fernández, que presentará un busto de Gómez Pato, e ó escritor "Mirito" Mateo, autor do libro O poeta esquecido, in memorian do Pato.

 

Laza

  • Continúan as festas do Santo Cristo en Laza. Ás 16:00 terá lugar o levantamento do Maio, que dará paso,
  • ás 18:00, á intervención musical do grupo tradicional Rebulir e a xogos populares para os máis cativos.
  • Ás 21:00 celebrarase na praza da Picota a IV Cea do Porco ó Espeto. Trala cea, comezará a verbena a cargo da orquestra Alma Latina.

 

O Canizo (A Gudiña)

  • No Canizo avanza a festa de honra a Santa Cruz: ás 16:30 disputarase un campionato de tute e,
  • a partir das 21:00, comezará a festa e verbena amenizadas pola orquestra Estrela Mar, coa intervención da disco móbil A Esmorga.

 

 

DOMINGO 1 DE MAIO

 

Verín

  • Comeza o día dos Maios en Verín. Ás 10:00 sae da Pousa a andaina solidaria organizada polo Clube Sendeirista Monterrei. Os beneficios obtidos a través do prezo de inscrición -de 5 €- doaranse de xeito íntegro á Asociación Española Contra el Cancer (AECC).
  • A partires das 11:00 comezará a exhibición dos maios e a venda das coplas do certame Enrique Gómez Pato a 2 € por exemplar. Á mesma hora abrirá a V edición da Feira Solidaria, que estará na Praza García Barbón ata as 20:00.
  • Ás 13:00, a Banda de Música do Conservatorio de Verín ofrecerá un concerto. Ademais, ata primeira hora da tarde haberá un posto de polo no que o pan e viño serán de balde. Mais fóra da programación dos Maios tamén hai actividades que facer.
  • Ás 12:00, na Praza do Concello, haberá unha mobilización organizada pola CIG contra a pobreza polo día internacional da clase traballadora.
  • O Cine de Verín proxectará o filme Morbius en tres pases (ás 17:00, ás 19:30 e ás 22:00). A entrada ten un custo de 5 € e pode adquirirse na Casa da Cultura media hora antes da proxección.

 

Laza

  • Laza comeza maio co derradeiro día da celebración do Santo Cristo. Ás 10:00 comezará o pasacalle co acompañamento musical da Charanga Caliqueños.
  • Ás 12:00 será a saída da Eva, de Adán, o ramo co galo, etc. Acto seguido terá lugar o Sacrificio de Isaac na praza da Picota: haberá danzas co grupo de gaitas de Laza e recrearase a loita dos mouros e cristiáns, actos que darán paso á celebración da misa solemne coa actuación do coro de Laza.
  • Pola tarde, ás 18:00, comezará o baile da Eva coa Charanga Los Támega.

 

O Canizo (A Gudiña)​

  • A partir das 18:00 están preparados xogos e talleres para os máis pequenos.
  • Ás 18:30 comezará a foliada a cargo dos grupos As travesas de A Mezquita e Os Tómalleoutra.

AXENDA | Unha fin de semana de moita música, homenaxes, troula e solidariedade