A banda de música do Conservatorio de Verín daralle, este sábado dende as 10:30 horas, a oportunidade a todos eses nostálxicos dos sons dunha banda, de volver a escoitalos.
Ás 10:30 horas está previsto que arranque o percorrido da formación musical dende a praza do Concello, pasando pola rúa Constitución, Deputación, Luís Espada ata a Praza do Rei; para continuar pola rúa Maior, da Cruz ata a Praza da Mercé. Alí interpretarán algunha peza máis antes de rematar na praza García Barbón pasando pola rúa Lisa.
A banda do Conservatorio daralle paso entón aos máis cativos da institución académico-musical verinense. A "Minibanda" que forman continuará, esta vez xa sen moverse na praza García Barbón, dende as 12:30 horas, coa música, nunha seguro inesquecible e entretida sesión "vermouth".