lunes. 20.05.2024
52717084_2316846691700134_6038104121251201024_n
Cigarróns no desfile do domingo de Entroido en Verín

A Asociación Cultural do Cigarrón de Verín celebrou a comezos de abril una asamblea na que se elixiu a directiva. Cunha asistencia de 17 persoas, saíu escollido presidente Juan Carlos Castro, así coma tamén renovaron cargos Modesto Meno, José Manuel Álvarez, Javier Castro, Óscar Álvarez e Aurelio Álvarez. Coma vogáis seleccionouse a Hugo Rivas, José Luís Costela e Manuel Rúa. Estefanía Bahamonde, pola súa parte, pasou a ser secretaria.

O Entroido de Verín, coa figura tan característica do cigarrón, é Festa de Interese Turístico Nacional dende abril de 2009, cando a Secretaría de Estado de Turismo lle concedeu o título debido ás máis de vinte actuacións destes útlimos levadas a cabo en dous anos, entre outros lugares en Madrid, Pamplona, Alicante, Pontevedra, A Coruña ou Lisboa.

Os fins desta asociación son a conservación e fomento da figura do cigarrón, a promoción de todo tipo de actividades, participar en actos culturais e aprobar o patrón das características básicas que debe cumprir a figura do cigarrón. En última instancia e coma afirman os seus integrantes, pretenden acadar o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

A Asociación do Cigarrón escolle directiva