martes. 16.04.2024
20191203_ concentración hospital
Persoal do Hospital de Verín e veciños da bisbarra manteñen o encerro no centro sanitario.

Este mediodía, ás 14:00 horas, haberá asamblea de traballadores no Hospital de Verín. A Comisión Delegada do Hospital máis a Plataforma da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei xa o anunciaban onte antes de reunirse co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Almuíña.

O obxectivo é informar ó persoal do hospital respecto á reunión mantida onte á tarde, en Ourense, co máximo responsable político da sanidade galega. Xuntanza á que asistiron cinco representantes de ambos colectivos e que rematou sen moitas novidades. A asamblea celebrarase no propio Hospital de Verín, onde seguen mantendo o encerro, e nela decidiranse as medidas que se tomarán a partir de agora xa que a Xunta de Galicia non da marcha atrás respecto ó peche de servizos no hospital da bisbarra.  

Esta mañá, xa dende primeira hora, numerosos veciños e persoal do hospital voltaban falar nos pasillos do centro co seu xerente, Miguel Abad. "A Sanidade Pública non é vosa", reclamaban os veciños. "Vós sentados no sillón e deixades que isto pase e pase; e isto vai a máis e ó final temos que arrancar para Ourense, e asi nos vai". Ante o crecente malestar de representantes do persoal do hospital e dos veciños concentrados, Miguel Abad respondía que el "estaba recollendo o seu malestar e trasladándoo".

Logo da reunión celebrada onte á tarde en Ourense, na que participaron os cinco representantes da Comisión Delegada do Hospital e da Plataforma da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei e mailo Conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, o propio conselleiro reafirmaba a decisión de pechar o paritorio e as urxencias pediátricas no Hospital de Verín.

"É unha decisión difícil, unha decisión buscando a seguridade e a calidade dos partos na comarca de Verín". "Entendemos que neste momento, por diferentes circunstancias, creemos que hai tomar unha decisión por seguridadde e por calidade do servizo". "Esta é unha decisión acertada nas circunstancias actuais", declaraba Vázquez Almuíña, Conselleiro de Sanidade.

 

O persoal do Hospital reunirase en asamblea para decidir que medidas tomar a partir de...