Venres. 29.03.2024
Mariela Oío, especialista en Estética Orofacial de Dentalnova.
Mariela Oío, especialista en Estética Orofacial de Dentalnova.

Aqua Gala contará mañá coa participación de Dentalnova, que dará a coñecer todos os tratamentos de estética, tanto orais como faciais, moi solicitados por noivos. Entre eles atópanse os blanqueamentos dentais ou a colocación de carillas dentais, pero tamén dispoñen de bótox ou ácido hialurónico para a faciana, todo para conseguir un sorrisos perfectos nun día tan importante. "Son un compendio de servizos para conseguir unha harmonización facial", apunta María Jesús Villar, responsable da área de Xestión e Recursos Humanos.

Os tratamentos de estética facial, nos que empregan bótox ou ácido hialurónico, son dos máis recentes que ofrecen en Dentalnova. "Isto levámolo facendo tres anos e contamos cunha profesional que ten unha experiencia de 25 anos na materia", sinala Villar. O seu efecto é temporal, cunha duración entre uns cinco e seis meses.

 

En canto a estética oral, Dentalnova suma unha experiencia de 35 anos que fan desta clínica unha aposta segura para os novios á hora de conseguir o seu mellor sorriso. Os clientes dispoñen de todos os servizos para o coidado bucal e para conseguir a súa mellor imaxe. "É un día especial e cada vez máis noivos queren que esté todo a punto, dende as rosas ata o sorriso", destaca Villar.

AQUA GALA | Sorrisos perfectos nun día especial, grazas á experiencia de Dentalnova