miércoles. 24.04.2024
Florciñas dispón de todo tipo de flores para confeccionar as decoracións das cerimonias. | FOTO: Noelia Caseiro.
Florciñas dispón de todo tipo de flores para confeccionar as decoracións das cerimonias. | FOTO: Noelia Caseiro.

A floristería Florciñas unirase a Aqua Gala este xoves coa cor das súas flores, unha parte importante da decoración en calquera voda e un complemento esencial para cada noiva. Este negocio, ubicado na avenida de Portugal, elabora "todo tipo" traballos florais para eventos civís ou relixiosos, destaca Vania González.

As flores preservadas, as sometidas a un proceso químico que permite unha maior conservación, son a tendencia na actualidade. En Aqua Gala, Florciñas levará algúns destes ramos, nos estilos máis solicitados. As flores silvestres "son as que máis se buscan, as de cores verdes", para os arranxos, que deixaron de ser os típicos de antes "que só se colocaban nunha igrexa". Ademais, a decoración floral en estruturas está cada vez máis presente.

florciñas (5) (FILEminimizer)
Ramo de flores elaborado en Florciñas. | FOTO: Noelia Caseiro.

AQUA GALA | Florciñas pon un toque de cor natural en vodas civís ou relixiosas