viernes. 26.04.2024
Lencería Glamour dispón de todo tipo de roupa interior para acompañar ás noivas no seu día máis especial.
Lencería Glamour dispón de todo tipo de roupa interior para acompañar ás noivas no seu día máis especial. | FOTO: Jainer Barros.

Lencería Glamour participará este xoves na I edición de Aqua Gala, un certame que busca amosar ao público a oferta existente na comarca para organizar vodas, especialmente a aquelas persoas que queiran casar. Lencería Glamour é un dos dos establecementos verineses que se suman a esta iniciativa e levará ó Auditorio a mellor roupa interior que poden usar, tanto noivos coma noivas, para un día tan especial.

Beny é a propietaria de Lencería Glamour, ubicada na rúa Montemaior de Verín. | FOTO: Jainer Barros.
Beny é a propietaria de Lencería Glamour, ubicada na rúa Montemaior de Verín. | FOTO: Jainer Barros.

 

Beni, a súa propietaria, ofrece sempre unha atención personalizada a cada cliente para que leven un produto no que gañe a comodidade.  "Eu trato de adaptarme ao que me piden e gústame ofrecerlles unha atención personalizada para que merquen algo que lles vaia ser cómodo"sinala. Ningún noivo ou noiva estará incómodo na súa voda se viste con roupa interior de Lencería Glamour. 

Con case 17 anos de experiencia tralo mostrador deste negocio situado na rúa Montemaior, os "trucos" fanse indispensables para que as mulleres, especialmente, se vexan sexis e se sintan cómodas cos suxeitadores, os produto máis complicado para vender neste tipo de negocios.  "Levar unha tenda deste tipo non é nada fácil, podes aconsellar á clientela, pero nunca a forzarla a que leve unha prenda que pode que non lle vaia ben", conta.

AQUA GALA | Lencería Glamour, roupa interior cómoda e de calidade para noivos