sábado. 20.04.2024
20230423 Pleno Verín
Sesión do Pleno Municipal de Verín celebrada esta mañá. | FOTO: Concello de Verín.

O Pleno municipal vén de aprobar, inicialmente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín cos votos a favor de todo o grupo de goberno e os votos en contra do Partido Popular. As votacións realizábanse esta mesma mañá, en sesión ordinaria do Pleno Municipal de Verín. 

A aprobación inicial do PXOM de Verín tivo lugar porque, este mesmo mércores, caducaba o Instrumento de Ordenación Provisional que viña rexendo as normas urbanísticas da vila ata o de agora. Chegado o día 26 de abril, o documento de normativa provisional perdería a vixencia se non se aprobase antes un plan xeral de ordenación urbanística.

Este imperativo legal foi a causa pola que, esta mañá, se aprobaba incialmente o PXOM de Verín. Un plan que segue as directrices da Xunta de Galicia e que se centra na reordenación das vivendas e dos espazos existentes. Lonxe de movementos especulativos e de promover a ampliación de novas zonas de reparto, o plan aposta por ordear o xa hai.

NOTICIAS VERÍN | Aprobado inicialmente o Plan Urbanístico de Verín