viernes. 26.04.2024
Os avisos por fortes choivas e vento permanecen activados dende esta mañá e continuarán durante todo o xoves

O 112 Galicia emite unha alerta por avenidas ante o aumento do caudal do Támega por mor da borrasca Elsa

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín realizará un dispositivo especial en base ás alertas emitidas polo 112 Galicia ante a previsión de avenidas do río Támega. Espéranse acumulacións de choiva de 60 mm en 12 horas e refachos de vento de ata 70 km/h. Protección Civil Verín solicita que se extremen as precaucións.

Alerta choivas 20191218_mapa
Mapa de alertas meteorolóxicas activadas para hoxe da AEMET.

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) avisa da entrada dunha profunda e amplia borrasca, chamada "Elsa" e situada no Atlántico Norte, que traerá un intenso fluxo de aire húmido e templado. Un temporal de choiva e vento que entra hoxe, mércores, pola costa galega e que motivou a emisión dun aviso por situación meteorolóxica adversa.

A entrada de "Elsa" coa previsión de fortes choivas e ventos provoca a activación dunha alerta amarela dende o 112 Galicia para a bisbarra e toda a zona sur de Ourense. O aumento previsto nas precipitacións, unidas ás destes días pasados, fai que dende o 112 Galicia advirtan da posibilidade de desbordamentos do río Támega, que xa ten o seu caudal moi alto dende o pasado luns.

20191216_Enchenta Támega_Tamaguelos02O río Támega ó seu paso por Tamaguelos, co caudal xa desbordado, o pasado luns.

O alto nivel de auga que leva o Támega, xunto coas intensas precipitacións esperadas para hoxe, fai prever o seu posible desbordamento, polo que o 112 Galicia ten activada unha alerta por avenidas por mor da acumulación de precipitacións nas próximas horas que farán que o nivel do caudal do Támega poda variar.

Ante esta situación, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín activa un dispositivo especial en base ós avisos e alertas emitidas dende o 112 Galicia. Advirten á veciñanza da necesidade de extremar as precaucións ante posibles enchentas e de atender ás indicacións dos equipos de emerxencias e das sinalizacións realizadas.

Xa o pasado luns, o Támega desbordábase nalgunhas zonas do concello de Verín. Voluntarios de Protección Civil tiveron que cortar o paso nalgunhas zonas da Pousa, nas inmediacións das áreas recreativas de Tamaguelos e de Vilela.

20191216_Enchenta Támega_TamaguelosVoluntarios de Protección Civil de Verín cortando as inmediacións da Área Recreativa de Tamaguelos o pasado luns.

O aviso amarelo por choiva está activado dende as 9:00 horas de hoxe, mércores, e ata as 23:00 horas de mañá, xoves 19 de decembro. Espéranse precipitacións acumuladas de 60mm en 12 horas.

Os fortes ventos tamén afectarán á bisbarra. Está activado un aviso amarelo por vento dende as 9:00 horas de hoxe ata as 18:00 horas de mañá, xoves. Os refachos de vento poderán chegar ós 70 km/h.

O 112 Galicia emite unha alerta por avenidas ante o aumento do caudal do Támega por mor...