Xoves. 28.03.2024
La campaña es una iniciativa más para potenciar el consumo, por parte de los residentes, en el comercio local de la villa. | FOTO: Aever.
A presentación desta nova edición dos "6.000 de Verín" terá lugar este xoves na sede de Aever. | FOTO: Aever.

Mercar en Verín sempre ten premio, pero se se fai dende o vindeiro 18 de outubro e ata o 28 de decembro, máis. 130 comerciantes asociados a Aever participan na campaña "Os 6.000 de Verín", co que premiarán, de xeito colectivo, as compras que ata o vindeiro 28 de decembro deste 2021 se realicen nos establecementos da vila que participan neste programa.

Participar será moi sinxelo. Bastará con mercar na vila e solicitar unha ou varias das papeletas que, polo importe da compra e segundo o criterio do titular do establecemento, lle corresponda. Antes de saír da tenda, ou comodamente na casa, deberá cumplimentala de xeito claro e introducila nalgunha das furnas que estarán repartidas por todos os comercios

Os premios, no seu conxunto, serán os maiores que se teñan entregados na historia recente de Aever. Un cheque de 2.000 euros, outro de 1.000 e seis de 500 sortearanse, ante notario, o día 30 de decembro de 2021 e a condición -como non pode ser doutro xeito- será a xa coñecida: gastar os cartos nos establecementos asociados antes do día de Reis de xaneiro do 2022.



Aever entregará un talonario con 500 papeletas entre os establecementos asociados que desexen participar, isto é, 200 papeletas máis que na primeira edición deste concurso. Se precisaren máis, poderán adquirir máis talonarios, de 100 papeletas, por cinco euros. 
 

Será cada establecemento comercial o que determine o importe da compra mínima a partires do cal se entregará unha papeleta.

 A segunda edición dos "6.000 de Verín" presentarase este xoves na sede de Aever, e contará ca participación do tenente de alcalde da vila, Diego Lourenzo Moura
 

Aever pon en marcha o 18 de outubro a campaña de Nadal, con 6.000 euros en premios