sábado 16/10/21
Darán formación a 32 alumnos-traballadores

A Xunta destina 738.984 euros a dous obradoiros que promoven o emprego xuvenil na comarca

O delegado territorial,Gabriel Alén, na visita ó Obradoiro de Garantía Xuvenil "Mancomunidade V".
O delegado territorial, Gabriel Alén, na visita ó Obradoiro de Garantía Xuvenil "Mancomunidade V".

Estes talleres están dirixidos a realización de obras e servizos de interese xeral. Preténdese que isto, xunto coa formación profesional para o emprego, facilite a inserción laboral dos participantes.

Esta mañá, o delegado territorial da Xunta de Ourense, Gabriel Alén, acudiu ó obradoiro de Garantía Xuvenil "Mocidade da Mancomunidade V". Fixoo acompañado polo presidente da Mancomunidade de Verín, José Luís Suárez, e polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane. As instalacións da Mancomunidade onde se desenvolven os módulos de atención sociosanitaria das institucións, xunto co módulo de froitocultura, recibiron da Xunta máis de 369.400 euros.

Estes cursos, iniciados o 7 de setembro, contan coa participación de 16 alumnos/as traballadores/as, que se forman nas dúas especialidades xa citadas. Reciben unha ensinanza específica para que poidan levar a cabo os seus propios proxectos, impulsando así o emprendemento.

A formación que se imparte nestes obradoiros adáptase aos perfís máis demandados polas empresas da zona, o que propicia que algúns dos seus participantes atopen traballo antes de finalizar os talleres, según sinalou o representante do goberno autonómico.

Con respecto a estes 2 obradoiros a Xunta investiu 738.984,64 euros, coa intención de formar a 32 alumnos-traballadores en especialidades como as repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, a maiores da froitocultura e da atención sociosanitaria

A provincia de Ourense conta con 16 obradoiros ordinarios, nos que participan 47 concellos e ós que a Xunta destinou 5,4 millóns de euros. As entidades que os promoven son os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas vinculadas a un concello galego.

A etapa de aprendizaxe, alternada coa práctica profesional, ten unha duración de 12 meses, durante os cales os alumnos gañarán en experiencia ó mesmo tempo que se irán  formando. 

Apretada axenda do delegado en Verín e Vilardevós

Gabriel Alén, aproveitou o seu paso por Verín para reunirse co rexente da vila, Gerardo Seoane e tamén co alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, coa intención de tratar as principais demandas que recibiu por parte dos edís destes municipios relacionadas coa Administración Autonómica.

Os temas a tratar, no caso do concello de Verín, foron sobre saneamento, infraestructuras varias e polígonos industriais. A maiores disto, Alén Castro manifestoulle a Seoane a súa disconformidade polo traslado da Oficina Agraria Comarcal situada na antiga Praza de Abastos, xa que foi unha decisión unilateral que non se lle comunicou á Xunta, sinalou o delegado territorial. Destacou que esta oficina é de vital importancia tanto para os silvicultores como para os gandeiros e agricultores da comarca, polo que se buscará unha solución consensuada que non afecte ás prestacións que se lle proporcionan ó sector agrícola da bisbarra.

Reunión de Gabriel Alén con Gerardo Seoane.Gabriel Alén, reunido co alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Mentres tanto, no caso de Vilardevós, falouse sobre augas e saneamento, así como da situación epidemiolóxica do concello. Á súa vez, o delegado territorial visitou con Cardoso as obras de restauración da Igrexa de San Bartolomeu de Berrande. Esta igrexa é un ben incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, inviste case 200.000 euros.

As actuacións que se levarán a cabo van dende substiuír a cuberta existente, incluída a súa estrutura, ata accións de limpeza e rexuntado. Colocarase tamén unha estrutura metálica sobre o oco da torre do campanario para que non entre auga e restaurarase o sistema que porta as campás. Preténdese tamén renovar as carpinterías existentes e cambiar a instalación dos pararraios.

Isto é posible grazas a que o Goberno galego asinou un convenio coa Diócese de Ourense para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para que as obras de conservación e restauración de diversos bens eclesiásticos se poidan levar a cabo; como é o caso da Igrexa de San Bartolomeu de Berrande.

undefinedGabriel Alén e Manuel Cardoso, na visita ás obras da Igrexa de San Bartolomeu de Berrande.



 

A Xunta destina 738.984 euros a dous obradoiros que promoven o emprego xuvenil na comarca
comentarios