sábado. 04.05.2024
Alumnado do IES Taboada Chivite viaxa a Bruxelas 20231205 - 03
O grupo de alumnas e alumnos do Chivite xa están en Bruxelas. | FOTO: Cedida.

Esta madrugada saían de Verín 13 alumnas e alumnos do IES Xesús Taboada Chivite cara á Bruxelas; unha viaxe de dous días organizada para que podan coñecer in situ o Parlamento Europeo grazas ó convite de Ana Miranda, eurodiputada polo Bloque Nacionalista Galego.

A eurodeputada visitaba o instituto o pasado ano, momento no que xa convidaba ao alumnado a visitar o Parlamento Europeo. Agora, ise convite faise realidade ao ser escollido o Chivite como mellor Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.  

Alumnado do IES Taboada Chivite viaxa a Bruxelas 20231205
Chegada do alumnado ao aeroporto de Bruxelas. | FOTO: Cedida.

Esta tarde visitarán o Parlamento Europeo e manterán unha xuntanza con Ana Miranda; mañá será tempo da foto oficial da excursión e de percorrer o Parlamentarium para coñecer como funciona e o traballo das eurodeputadas e eurodeputados. O programa educativo Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria na UE.

Un xeito de dar a coñecer o significado da cidadanía europea e o proceso decisorio do Parlamento Europeo nas políticas que marcan a vida cotiá. O obxectivo último é que o alumnado tome conciencia das súas posibilidades de acción e do que poden facer para lograr que Europa sexa como decidan os seus cidadáns.

A IMAXE... | Do alumnado do Chivite en Bruxelas