jueves. 18.04.2024
MAIOS_FSOLIDARIA 2019
Cartel de ambos eventos.

O mércores 1 de maio a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios, como vén sendo habitual dende os anos oitenta. Ademáis, a vila tamén gozará da cuarta edición da Feira Solidaria de Verín  na Praza García Barbón, que contará coa participación de trece entidades sen ánimo de lucro que ofrecerán todo tipo de produtos e servizos con fins solidarios.

A exhibición dos maios artísticos e tradicionais será dende as 11:00 h ata as 20:00. Participarán nove colectivos: o Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada, o Colexio Apostolico Mercedario, o CEIP Princesa de España, o CEIP Amaro Refojo e o CRA Monterrei, ademáis da Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, a Asociación de pais e nais de alumnos e alumnas do Conservatorio de Verín, o Centro de día de Verín Raiola e a Asociación Verinense de Amigos da Música.

Durante o día poderán comprarse as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinarase ao financiamento de programas de asistencia social da Cruz Vermella na comarca. Tamén haberá un posto de polbo e animación musical a cargo dunha charanga. O pan e o viño serán gratuitos, subvencionados polo Concello de Verín.

Outras actividades enmarcadas dentro destes festexos serán as tiradas para adultos do Trofeo de Chave Ricardo Soto, ás 12:00 h, e o pasarrúas da Banda de Gaitas do Concello de Verín dende a praza do concello ata a Alameda ás 12:30. Tamén no marco desta celebración, o 30 de abril – as 19:30 horas- terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura a conferencia “Os maios de Gómez Pato”, impartida por Plácido Romero Bernardo e organzada pola Biblioteca Municipal de Verín.

A Feira Solidaria, pola súa parte, comezará para aqueles que queiran, cunha Andaina Solidaria de 13 km que comezará na Praza da Mercé e discorrerá por Queizás, o Castelo de Monterrei e a Pousa, rematando da Praza García Barbón. As inscricións terán un prezo de 5 euros, correspondentes á adquisición dun boleto do Soteo de Ouro da Cruz Vermella, que poderá adquirirse na Ferretería Lucas - rúa Galicia, 6 - ou na propia oficina de Cruz Vermella Monterrei - Praza da Mercé, 16 -.

Os Stands da Feira abrirán dende as 10:00 h ate as 20:00 h e contarán coa participación das asociacións: Cruz Vermella de Verín, Aires Nosos, Sendeiristas de Monterrei, Proanimales Verín, Aever, Adisve, Asociación do Cigarrón, Caixa de Pandora, Agrupación de Música Tradicional, Flor da Xesta, Femuro, Asociación Galega contra o cancro e Anedia.

Ademáis dos stands, haberá varios multixogos inchables, cunha entrada solidaria dun euro e pola tarde, de 16:00 h a 20:00 h haberá actividades lúdicas populares.

Nove colectivos e trece asociacións participarán o vindeiro día 1 na Festa dos Maios e...