domingo. 19.07.2026
Será a segunda edición dunha viaxe ás estrelas que se celebrará do 28 ao 30 de marzo

Encontro entre astronomía e literatura no festival Al-Majisti da Veiga

Centro Astronómico Trevinca, invierno02
Centro Astronómico de Trevinca en A Veiga, municipio declarado Destino Turístico Starlight. | FOTO: Centro Astronómico de Trevinca.

Segunda edición do festival Al-Majisti, un abrazo cósmico entre a astronomía e a literatura que se celebrará na Veiga do 28 ao 30 de marzo. A proposta deste ano é unha "viaxe dende Trevinca ao Fin do Mundo polo camiño das estrelas" que se desenvolverá no Centro Astronómico de Trevinca e que fan coincidir co eclipse solar parcial que haberá o vindeiro 29 de marzo.

Al–Majisti é o topónimo árabe traducido como "o máis grande, o grande tratado", empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso, o festival centrouse na súa primeira edición en dúas grandes estrelas da cultura astronómica: Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio. 

 

A segunda edición propón varias actividades, un encontro de acceso libre ás conferencias, documentais, observacións astronómicas e presentacións literarias que teñen organizadas, pero no que se require inscrición previa xa que o aforo é limitado.

Programa

Serán moitas as actividades, pero dúas moi destacadas: por unha banda, a observación do eclipse solar parcial, pola outra, a posibilidade de ver o documental "Vía Láctea" proyectado en cúpula completa, unha produción cedida pola Casa das Ciencias da Coruña e o Planetario de Pamplona.

Isabel San Sebastián será unha das autoras presentes, protagonista de dous encontros literarios ao redor das súas novelas. Tamén o Camiño de Santiago será protagonista, xunto coa orde do Temple e a maxia dos destinos Starlight; a directora da Fundación Starlight ofrecerá unha conferencia sobre a importancia de recuperar a noite para o desenvolvemento de zonas rurais.

20250328 II Festival Al-Majisti A Veiga, programa
Programa do II Festival Al-Majisti.

 

Encontro entre astronomía e literatura no festival Al-Majisti da Veiga
Comentarios