
Os salóns da casa rural O Retiro do Conde, en Vilaza, acollían onte a entrega dos diplomas do V Concurso Nacional de Vinos VinEspaña 2023. Un acto ó que asistía o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, quen aproveitaba a ocasión para reafirmar o apoio da Xunta ó sector vitivinícola de Galicia.

O Concurso Nacional de Viños VinEspaña consolídase como evento de referencia do sector vitivinícola. Nista edición do 2023, a quinta, celebrouse en Zaragoza. O xurado, formado por prestixiosos profesionais da enoloxía outorgou un total de 14 distincións a outros tantos viños da Denominación de Orixe Monterrei.
A entrega dos diplomas VinEspaña 2023 reunía no Retiro do Conde ós premiados e a representantes políticos da bisbarra, así como empresarios. Jonatás Gago, presidente do CRDO Monterrei, estaba presente xunto cos alcaldes de Oímbra e Monterrei e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Onte, os premiados reuníanse no Retiro do Conde para recibir os diplomas que certifican o recoñecmento da excelencia dos seus caldos. Un marco incomparable no que Gabriel Alén afirmaba que o sector vitivinícola é clave para o rural galego e salientaba a importancia de seguir consolidándoo no marco da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.