martes. 23.04.2024
Cartel da I Festa da Vendima de Monterrei.
Cartel da I Festa da Vendima de Monterrei.

A conta atrás para a celebración da I Festa da Vendima de Monterrei está cada vez máis preto de chegar a cero. Se fai case un ano, a Xunta e a Deputación se comprometeron a recuperar esta festividade, agora xa só quedan uns días para que se faga realidade. O día 22 de outubro, a partir das 12:00 horas, o Castelo de Monterrei será o punto de encontro deste evento.

Hai poucos días que se coñeceu esta data e agora, dende a D. O. Monterrei, contan algunhas das actividades coas que poderán desfrutar os asistentes desta desta. Como non podía ser doutro xeito, os seus viños non faltarán e poderanse degustar xunto a unha proba de porco asado. Esta cata terá un prezo de 5 euros.

 

Na Festa da Vendima de Monterrei non só se irá a comer e beber, tamén haberá moitas outras actividades para acompañar a xornada. Os nenos terán entretemento para que se divirtan e a festa contará cunha feira agroalimentaria na que non faltarán os mellores produtos da comarca. A xornada complétaa un folión de carros, que representarán ós oficios tradicionais, e unha foliada aberta.

NOTICIAS VERÍN | A Festa da Vendima terá unha cata de porco asado e viños da D.O.