viernes. 26.04.2024
Entrada á Casa do Concello e ao centro de saúde de Monterrei, en Albarellos. | FOTO: Noelia Caseiro.
Casa do Concello de Monterrei. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral. Esta medida implica que as reunións de non convivientes poden chegar a seis no exterior e a catro en espazos públicos, pero nunca deben realizarse en domicilios particulares. A hostalería ten o tope de peche ás nove da noite, pero só pode atender nas terrazas e ao cincuenta por cento.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, ao que se incorpora Vilardevós, que permanecerá no nivel medio ata o venres.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.

CORONAVIRUS VERÍN | Monterrei terá que pechar o interior dos seus bares dende o venres