viernes. 26.04.2024
Folión Laza - Trebón do Mildeu (1)
O Trebón do Mildeu animando o folión de Laza no 2020. | FOTO: Comisión do Entroido de Laza.

Estamos que non nos aguantamos... ista fin de semana tremerá o val co son dos folións e non queremos perdelos! Mañá, venres 27, arrancará o primeiro dos folións pequenos de Laza. A partir das 23 horas, sairá dende a Cerdeiriña acompañados do Trebón do Mildeu, encargados de animar a veciñanza e visitantes para festexar o inicio do Entroido. 

Chocos, bombos e fachóns sairán dende o fondo da Cerdeiriña percorrendo o Outeiro, A Picota, A Rúa do Cruceiro, o Couto, a estrada de Vilar de Barrio, Souteliño e volta a Laza para chegar ata Cimadevila.

Trebón do Mildeu_Guimarei 2023 (4)
O Trebón do Mildeu en Guimarei, o pasado 14 de xaneiro. | FOTO: O Trebón do Mildeu.

O sábado será a quenda de Matamá. Dende as 23 horas os Bombeiros de Vences farán tremer os bombos nas rúas da aldea. Ide a xeito, igual atopades as Madamas deambulando entre as casas. Se non queres perder a foilada, velaí vai a programación dos folións.

Folións de Laza

Sairán todos dende A Cerdeiriña, os venres. 

  • 27 de xaneiro e 3 de febreiro: a partir das 23h. co Trebón do Mildeu.
  • 10 de febreiro: a partir das 23h. co son de A Caniceira de Trives.
  • 16 de febreiro: Folión dos nenos a partir das 14:30 horas.
  • 17 de febreiro, Gran Folión: ás 00h acompañado do retumbar do grupo de bombos Folión da Veiga. 
Folión Laza - Trebón do Mildeu (2)
Folión de Laza no 2020. | FOTO: Comisión do Entroido de Laza.

Folións de Matamá

En Matamá celébranse as noites dos sábados a partir das 23 horasO primeiro folión terá lugar o 28 de xaneiro, cos Bombeiros de Vences. O sábado 4 de febreiro, o 2º folión estará acompañado co son dos Chimpafigos - Dragóns Vermellos. Por último, o 3º folión será o sábado 11 de febreiro, coa música de Candaira.

ENTROIDO 2023 | Bombos, sachos e aixadas retumbarán nos folións dista fin de semana