martes 30/11/21
É un dos certames máis consolidados na axenda cultural da vila e está previsto que se celebre na segunda semana de setembro

O VI Festival Internacional de Curtas de Verín quenta motores coa apertura do prazo de presentación de propostas

As candidaturas poderán encadrarse nas catro categorías que compoñen o evento: A Raia, Horizontes, Outra Mirada ou Nova

01032021 Foto pasada edición del FIC
Quinta edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV. | FOTO: Arquivos.

Volve a Verín o Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV, un dos certames máis consolidados na axenda cultural da vila. A súa sexta edición está prevista que se celebre na segunda semana de setembro, “sempre e cando as condicións sociosanitarias así o permitan”, aclara Carlos Montero, director do certame.

O prazo para preinscribirse acaba de abrir e as candidaturas poderían encadrarse nas catro categorías que compoñen o festival: A Raia, Horizontes, Outra Mirada ou Nova. As bases están na páxina web http://ficviaxiv.com/ e a inscrición realizarase no apartado da web ficviaxiv.com/es/inscripción completando todos os campos que se indican. Para calquera dúbida poderase remitir un correo electrónico a [email protected]

Cada curta inscrita antes do 31 de marzo deberá aboar unha cota de inscrición de dous euros; de tres, se se fai antes do 30 de abril; e de catro, se se fai antes do 31 de maio. Esta é a data última na que se poden inscribir os interesados e interesadas en participar.

As curtas, que non poderán superar os 31 minutos de duración, teñen que ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Ademais, aquelas que foran filmadas en idiomas diferentes ao castelán ou galego deberán incluir os subtítulos en castelán, galego ou inglés.

Formatos

Para a súa preselección, as obras deben subirse no seguinte formato:

  • MPEG4 AVC (codec H264).
  • Taxa máxima de transferencia de bits: 3000 kbps 
  • Audio: AAC.
  • Subtítulos incrustados
  • Resolución mínima: 480 p

O VI Festival Internacional de Curtas de Verín quenta motores coa apertura do prazo de...
comentarios