viernes. 19.04.2024
Embugal prepara embutidos a partir dos animais que crían e tamén venden a súa carne ó corte nas carnicerías Domingo. | FOTO: Iván Iglesias.
Embugal prepara embutidos a partir dos animais que crían e tamén venden a súa carne ó corte nas carnicerías Domingo. | FOTO: Iván Iglesias.

Domingo puxo a primeira pedra, hai moitos anos, do que hoxe é Embugal. Dúas xeracións que viñeron por detrás, a súa filla e a súa neta, manteñen vivo o seu esforzo facéndoo medrar. "Somos unha empresa familiar que sempre se dedicou á cría de gando e a partir de aí fomos evolucionando", conta Jennifer Peñaranda, a actual xerente de Embugal.

Dende 2017 ampliaron o negocio para fabricar produtos a partir dos animais que crían e logo os venden en tres puntos da comarca. Na sala de fabricación de Vilardevós, nas carnicerías de de Verín e Oímbra e na web de Embugal, están dispoñibles todas as súas carnes e embutidos. "Antes tiñamos á venta nas carnicerías a tenreira que criamos nas nosas carnicerías, pero faltaba o paso intermedio da fabricación. Nese ano decidimos meternos co tema do porco para despezalo e elaborar embutidos e salazóns", explica Peñaranda.

A longo de moitas décadas, as carnicerías Domingo expalláronse pola comarca chegando a ter incluso unha tenda en Xinzo. "Empezamos cun pouco de gando e pechamos un círculo producindo todo tipo de produtos, vendendo a tenreira e os embutidos de porco", engade Peñaranda. Ese último paso, de engadir a fabricación ó seu catálogo de venta, asumiuno a neta do fundador da empresa, aínda que a idea xa non era nova. "Cando eu me incorporei, a miña nai xa tiña en mente o dos embutidos e demos o último salto para montar a fábrica", sinala.

O seu gando é criado en extensivo nos montes da comarca, sabendo de primeira man a calidade do produto que lle van ofrecer ós seus clientes. "Cando un fai o seu propio produto, coñoce o que está vendendo", apunta Peñaranda. Os resultados de toda esta transformación son "favorables" en canto a ventas e crecemento da empresa, polo que o legado do seu avó seguirá vivo. "É o que el nos deixou, polo que se esforzou, e danos moita satisfacción que poida medrar", destaca.

Embugal é un exemplo das oportunidades que pode ofrecer o sector primario, pero fai falta máis para os que queiran empezar de cero. Peñaranda recoñece que se precisan "máis axudas" para que a xente teña a posibilidade de vivir da gandería.

Variedade de produtos de Embugal que teñen á venta. | FOTO: Iván Iglesias.
Variedade de produtos de Embugal que teñen á venta. | FOTO: Iván Iglesias.

NOTICIA DE EMPRESA | Embugal, o negocio familiar que evoluciona con cada xeración