martes. 25.06.2024
cartaz rali da auga 2023
O "Rali da Auga" celebrarase os días 15 e 16 de setembro, organizado por CAMI Motorsport.

Rali da Áuga, anteriormente coñecido como rally Alto Tamega, disputarase niste 2023 entre Chaves e Verín. Así o confirmaba a organización do evento automobilístico: "Era un vello desexo do CAMI e do Municipio de Chaves que o Rali da Áuga, por mor da súa localización xeográfica, cruzase a fronteira", declaraba Nuno Loureiro, presidente de CAMI Motorsport.

Cambia de ubicación e de nome a que será a sétima proba do campionato portugués e nace o Rali da Áuga Transibérico Euocidade Chaves-Verín, que se celebrará os días 15 e 16 de setembro co apoio dos concellos de Chaves e Verín, así como da Escudaría de Ourense.

Este ano, a proba vén chea de novidades. O día 14, ás 21:00h., haberá unha saída simbólica fronte á Biblioteca Municipal de Chaves e ó día seguinte, ás 20:50 horas, no centro de Chaves disputarase unha Súper Especial. Será o día 16 de setembro cando o Rali da Áuga chegue a terras galegas coa proba City Stage, na que a maior parte dos tramos cronometrados terán lugar en Verín.

NOTICIAS VERÍN | O campionato portugués de rallys chega a Verín convertíndoo en...
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad