O Concello de de Verín vén de abrir o período de inscrición para as disciplinas de fútbol e fútbol sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa. O prazo de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 20 de agosto.
Como vén sendo habitual, as prazas asignaranse por rigorosa orde de presentación de solicitudes. Para garantir a prestación do servizo, será imprescindible que o número de inscritos alcance o mínimo establecido pola organización. A cota de inscrición será de 150€.
Dende a Concellería de Deportes informan que todas as persoas interesadas nalgunha das disciplinas deberán enviar a documentación asinada, dispoñible na páxina web oficial do Concello de Verín, ó correo electrónico das escolas deportivas: [email protected]. No caso de non enviar algún dos documentos solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.
A documentación necesaria será: ficha de inscrición tempada 2023-2024, documento protección de datos e o xustificante de pago da cota. É importante non esquecer poñer o nome do menor.
Categorías
- Xuvenís: nacidos entre os anos 2005 e 2007.
- Cadetes: nacidos nos anos 2008 e 2009.
- Infantís: nacidos nos anos 2010 e 2011.
- Alevíns: nacidos nos anos 2012 e 2013.
- Benxamíns: nacidos nos anos 2014 e 2015.
- PreBenxamíns: nacidos nos anos 2016 e 2017.
- Biberóns: nacidos nos anos 2018 e 2019.
Para obter máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden comunicarse a través do teléfono 660 776 564.