miércoles. 09.10.2024
A nova Escola Deportiva do Concello de Verín inaugúrase cunha excelente aceptación entre os menores da bisbarra

A Ximnasia Rítmica arranca en Verín con máis de 130 participantes

Viña sendo unha reiterada petición de nais e pais da vila que en Verín houbese a posibilidade de practicar Ximnasia Rítimica coma actividade deportiva. O Concello de Verín decidiu apostar por elo e, xunto co Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín, hoxe inauguráronse as Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica destinadas a fomentar iste deporte entre os e as menores.

190810-CLUBE-DEPORTIVO-XIMNASIA-RITMICA
Cartel no que se anunciaba a posta en marcha das escolas deportivas do clube.

Ista tarde comezou en Verín unha nova andaina deportiva para os e as menores da vila coa inauguración do curso nas Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica. Un proxecto posto en marcha polo Concello de Verín e o Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín que naceu logo da insistencia de moitos pais e nais da vila en reclamar que os seus fillos e fillas puideran practicar iste deporte na vila, sen ter que se desplazar cara outros lugares da provincia, como viña sucedendo ata o de agora.

E boa razón tiñan en reclamalo: a tempada 2019-2020 inaugurouse con máis de 130 menores inscritos que poderán practicar ximnasia rítmica na vila dende iste mes de outubro e ata o vindeiro mes de xuño, coincidindo co curso escolar. Dada a novidade da actividade, se algún menor quere participar na nova Escola Deportiva, aínda está a tempo de inscribirse a través do teléfono 988.414.776.

As actividades que desenvolverá o Club Deportivo Ximnasia Rítmica de Verín están destinadas a menores de entre 3 e 16 anos, divididos en dous grupos según a idade dos cativos e cativas. Por unha banda, haberá actividades físicas de base, destinadas ós e ás menores de entre 3 e 6 anos, co obxectivo de acostumalos a ista destreza deportiva; pola outra, aqueles que teñan entre 7 e 16 anos practicarán a modalidade de ximnasia rítmica.

As clases desenvolveranse os martes e xoves, en horario de tarde, dividindo ós e ás menores por grupos de idade

Son moitos os beneficios que iste deporte achega a quen o practica. Ademais de mellorar a condición física, incide moi positivamente na flexibilidade e fomenta a estimulación da coordinación e da concentración. A ximnasia rítmica é unha disciplina moi completa que axuda a coñecer o propio corpo e os seus movementos, a correxir malas posturas e a conectar e coordinar o espazo e o tempo. É un deporte riguroso que ensina a importancia do esforzo, da disciplina e da constancia.

A Ximnasia Rítmica arranca en Verín con máis de 130 participantes