miércoles. 17.04.2024
Presentación da VI Andaina “Viño de Monterrei”. No Pazo Provincial asisten Rosendo Fernández (VicePresidente Deputación), Jose Luis Suárez (Alcalde de Monterrei), Begoña Garrido (Representante da Cooperativa Xeitura) e Marcos Meno (Responsable area de Cultura do Concello de Monterrei).
Á presentación da VI Andaina "Viño de Monterrei” asistiron, no Pazo Provincial, Begoña Garrido (representante da Cooperativa Xeitura), Rosendo Fernández (vicepresidente da Deputación), José Luis Suárez (alcalde de Monterrei) e Marcos Meno (responsable da área de Cultura do Concello de Monterrei).

A 6ª andaina "Viño de Monterrei", que terá lugar o vindeiro 6 de outubro, incorporará este ano un apartado solidario achegándose no seu percorrido ata as zonas afectadas polas riadas do pasado 8 de xullo. Esta é a principal novidade desta proba deportiva, presentada hoxe no Pazo provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; a fundadora e responsable de didáctica da Cooperativa Xeitura, Begoña Garrido; e o responsable da área de Cultura e Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno.

A responsable de Xeitura e o concelleiro de Cultura e Deportes, Marcos Meno, foron os encargados de explicar os detalles da andaina, que terá un percorrido de 20 quilómetros, sen grandes dificultades e con dous puntos de avituallamento. A inscrición terá un custo de cinco euros e poderá realizarse no Concello, na firma Multisport Verín e en Deportes Redonet, este último en Ourense cidade. Ao remate da proba, "que da visibilidade a un traballo dos viticultores en plena vendima", os participantes poderán probar os caldos da terra nun "túnel do viño", ademais de sorteos de agasallos.

Rosendo Fernández subliñou a importancia desta andaina, que segundo dixo "pon en valor o territorio, a paisaxe, o deporte, ocio, gastronomía, e todo vinculado a un sector estratéxico na comarca como é o viño". Nesta mesma liña expresouse o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, destacando a iniciativa solidaria que inclúe a presente edición visitando ás poboacións máis afectadas polas intensas choivas do 8 de xullo, "como expresión de apoio a todos os veciños que sufriron as consecuencias das riadas".

Suárez agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense e de todos os colaboradores da andaina, incluídas cinco das sete adegas da Denominación de Orixe Monterrei ubicadas no municipio, a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Monterrei-Cualedro e, de modo especial, á cooperativa Xeitura que por sexta vez consecutiva é a responsable da organización da proba.

A sexta edición da andaina do viño de Monterrei solidarizarase cos afectados polas...