Xoves. 28.03.2024
Cartel da IV edición das Xornadas de Novela Negra.
Cartel da IV edición das Xornadas de Novela Negra.

Dende a Biblioteca Municipal do Concello de Verín informan que xa están dispoñibles as entradas para as IV Xornadas de Novela Negra "Personaxes de Novela", que se celebrarán os días 3 e 4 de xuño no Auditorio de Verín.

As entradas diarias teñen un prezo de 2 euros. Este custo simbólico ten un doble obxectivo: por unha banda, evitar a retirada a entradas sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento, que conleve a que xente realmente interesada quedase sen as citadas entradas; e por outra, conseguir unha colaboración simbólica coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín e as súas actividades de fomento á lectura.

As entradas poden adquirirse na propia Biblioteca Municipal, e os días 3 e 4 de xuño no propio Auditorio de Verín. Así mesmo habilitouse unha conta bancaria (ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324) para realizar transferencia para os que non podan acudir á Biblioteca de Verín, debendo enviar por mail á conta [email protected] o xustificante da transferencia e o nome e apelidos dos asistentes, para que o persoal da biblioteca teñan apartadas as entradas que estarán ao seu dispor no auditorio de Verín os días das xornadas de Novela Negra.

Xa están dispoñibles as entradas das IV Xornadas de Novela Negra