domingo. 19.07.2026
O 21 e 22 de febreiro

O fulión de Carracedo (A Gudiña) y Los Támega, protagonistas na XXVII edición da Festa do Lacón de Cuntis

XXVII Festa do Lacón con Grelos de Cuntis.
XXVII Festa do Lacón con Grelos de Cuntis.

Cuntis xa ten en marcha a conta atrás para celebrar a XXVII Festa do Lacón con Grelos, unha das citas gastronómicas e festivas máis destacadas do calendario local. A vila termal acollerá durante a fin de semana do 21 e 22 de febreiro unha programación que mestura tradición culinaria, música en directo, cultura popular e propostas de lecer pensadas para todas as idades.

O Concello abriu o prazo para reservar mesa no tradicional xantar popular, eixo central da celebración. As reservas poderán realizarse do mércores 11 ao mércores 18 de febreiro chamando ao 986 53 36 00. O prezo será de 23 euros por persoa e as mesas deberán ser de número par. A organización lembra que non se venderán entradas o propio día, polo que só se poderá acceder con reserva previa.

O domingo concentrará boa parte dos actos institucionais e festivos. O pregón correrá a cargo do xornalista Alfonso Hermida ás 12.00 horas na Praza da Constitución, mentres que a comunicadora Rocío Padín será a encargada de presentar o acto central.

A xornada completarase coa apertura da feira de artesanía, animación musical polas rúas, o Folión de Carracedo da Serra, a charanga Los Támega e o xantar popular ás 14.00 horas, ademais de actividades familiares pola tarde, concertos e o tradicional Enterro do Chapante como peche simbólico da festa.

A programación arrincará xa o sábado coa música en directo como protagonista. O mítico dúo Cómplices, formado por Teo Cardalda e María Monsonís, presentará en Cuntis a súa xira “Cómplices Íntimos”, acompañados pola D’Crooners Band. Pola noite, o ambiente máis verbeneiro chegará co Guatequelacón, coa actuación de Jorge Ferre e Karamelo Disco Móvil.

O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse a Cuntis para desfrutar dunha fin de semana que combina sabor, tradición e festa arredor dun dos pratos máis representativos da gastronomía galega.

 

Programación

Sábado 21 de febreiro


• 20.30 h: Apertura de portas concerto Cómplices
 21.15 h: Actuación de Cómplices e D’Crooners Band (Carpa xunto ao Pavillón Municipal)

• 23.45 h: Guatequelacón con Jorge Ferre e Karamelo Disco Móvil

 

Domingo 22 de febreiro


• 11.30 h: Actuación do Folión de Carracedo da Serra

• 12.00 h: Apertura da feira de artesanía
• 12.00 h: Pregón a cargo de Alfonso Hermida, presentado por Rocío Padín (Praza da Constitución)

• 12.30 h: Charanga Los Támega

• 14.00 h: Xantar popular do Lacón con Grelos
• 17.00 h: Actuación infantil e taller prehistórico
• 18.30 h: Actuación musical de Fátima Pego
• 19.30 hEnterro do Chapante e peche da festa

 

Reservas do xantar
• Do 11 ao 18 de febreiro
• Teléfono 986 53 36 00
• Prezo 23 € por persoa
• Só con reserva previa e mesas de número par

O fulión de Carracedo (A Gudiña) y Los Támega, protagonistas na XXVII edición da Festa...