Venres. 29.03.2024
IMG_20210407_113425
Videoconferencia Xela Arias |Foto: Bblioteca Municipal Verín

Xela Arias, a poeta, tradutora e editora sarriana, a quen a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021, foi o eixo central da videoconferencia que para esta mañá programara a Biblioteca Municipal de Verín, a cargo do propio presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e mais da profesora da USC, escritora e biógrafa, Montse Pena Presas.

Con esto, a Biblioteca Municipal de Verín -organizadora do evento- únese a serie de recoñecementos que se lle brindarán a autora sarriana durante o presente ano.  

Á conferencia telemática asistiron "en vivo" más de 200 alumnos dos centros educativos verinenses; e para aqueles que o perderan e queiran velo, quedará a grabación a disposición do público en xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca Municipal de Verín. Poden acceder tamén a súa publicación de Facebook a través deste enlace: https://www.facebook.com/bibliotecadeverin/posts/3909391985805183

 

As próximas videoconferencias temáticas programadas por la biblioteca municipal son:

30.04.21: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa"; Presentación da sua última novela: "Fierro".

07.05.21: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas". (NovelaNegra/Misterio)

21.05.21: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro "Infamia".


03.06.21: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).

Verín homenaxea a autora elexida pola R.A.G para o Día das Letras Galegas 2021