
Do 8 de agosto ao 5 de setembro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra 'Talla: Arte e Oficio', que presenta obras realizadas polo alumnado de Talla das Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. A inauguración oficial terá lugar o propio día 8 de agosto, ás 19:00 horas.
As obras son pezas únicas de talla en madeira. | FOTO: Carlos Montero
Os traballos que se exhiben foron realizados nas clases desta especialidade artística ao longo do último curso 2018-2019. Trátase dunha exposición monográfica desta disciplina que recolle máis dunha trintena de esculturas de pequeno e gran formato.
A exposición recolle máis dunha trintena de esculturas de pequeno e gran formato
A Sala de Exposicións de Verín estará aberta de luns a venres, 17:00 a 20:00 horas, para que veciñanza e visitantes poidan achegarse.