Venres. 29.03.2024
1 MAYO010519-23
Festividade dos Maios 2019.

As condicións a ter en conta para ser partícipe da festividade dos Maios 2021 (In memoriam Enrique Gómez Pato) son moi simples. 

Os centros de ensino, así como as institucións e as asociacións sociais e culturais da comarca de Verín que participaran nesta celebración anos atrás (2020 ou anteriores) poden colaborar sen problema.

En canto á copla que deberá elaborar cada un dos grupos cooperantes ten que seguir as seguintes normas:

  • O formato de letra debe ser perfectamente lexible dende os teléfonos móbiles, as tabletas e os ordenadores. A maiores disto, preténdese manter certa harmonía no deseño das páxinas, polo que o poema non pode ter máis de 24 estrofas de catro versos. Se non se chega a este número, o mínimo aceptable son 16 estrofas, aínda que pode ter un total de 20. 
  • Para a estrutura da copla recoméndase que haxa continuidade temática entre os distintos fragmentos.
  • O texto hai que envialo dixitalizado ó Concello de Verín ([email protected]), en formato aberto. O prazo acaba o 28 de abril.
  • O consistorio suxire que se coide tanto a estrutura literaria como a corrección idiomática, xa que cada grupo redactor será responsable da autoría do texto; e o Concello non levará a cabo ningunha revisión formal deste a non ser que se pida expresamente.  
  • As coplas serán distribuídas o día 1 de maio en formato electrónico, nunha edición única e conxunta. Na portada irá incluido un número de conta, para que aquelas persoas que lean estes cantares se animen a facer doazóns solidarias para o Programa de atención ás necesidades básicas das persoas da comarca de Verín do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

A admisión dos grupos participantes, así como a interpretación dos criterios de colaboración xa citados e as decisións sobre calquera extremo non regulamentado son un dereito exclusivo do Concello de Verín

Que tes que facer para colaborar nos Maios Solidarios de Verín 2021?