'Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo', o exemplar máis recente de Alberte Blanco, estará dispoñible dende hoxe nos estantes dalgunhas papelerías.
Este é o oitavo libro do autor, no que traballou durante varios anos. Nel trátanse as relacións de poder entre os distintos países, explicando todo tipo de interaccións entre o capital e as persoas, como por exemplo quen move o diñeiro no planeta.
Todo isto, xunto cos conflictos internacionais, levou ó escritor a buscar algunha aclaración que puidera facer comprensible o que pasa no mundo; polo que se pode dicir que a idea de escribir esta obra xurdiu desta inquedanza.
Alberte Blanco intenta adentrarse un pouco nas zonas escuras da sociedade moderna, á vez que lle ofrece ós lectores certas claves para que poidan entender os sucesos que ven día tras día na televisión; xa que coñecendo a mecánica das cousas compréndese mellor o que ocorre na orbe, tendo en conta que todo ten un fío conductor.
Espérase que dentro de 20 días este libro poida atoparse en todas as librarías.