lunes. 29.04.2024
green valley EXTRUGA FEST
A banda española de reggae e dancehall, Green Valley.

O festival de cultura urbana Extruga na rúa vén de pechar o seu cartaz musical para a quinta edición que se celebrará os días 25, 26 e 27 de agosto na vila de Verín. Un cartaz que contará coa presenza da coñecida banda de reggea Green Valley.

A organización do Extruga na rúa busca deleitar ós amantes da música e da cultura cunha experiencia inigualable. Tres días cheos de cultura, onde a música en directo e as expresións artísticas serán as protagonistas no entorno natural da Preguiza e no SkatePark de Verín.

Cunha programación coidadosamente seleccionada, o festival ofrecerá unha combinación ecléctica de estilos musicais; dende o rock e o pop ata a música electrónica e o folk. Ademais da música, o Extruga na rúa ofrecerá unha ampla gama de actividades culturais e artísticas. Espectáculos de teatro, mercadiño, zona de pernocta gratuíta e a Xunta Liga Break de Galicia, entre outras.

Extruga na rúa, cartaz

Os artistas máis destacados e talentosos da escena local e nacional daranse cita neste evento único. Nesta quinta edición o Extruga na rúa contará coas actuacións de: HUDA, Mondra, Another Wasted Year, Overdos, Burgas, Twentyfour Seven’s, DJ PIKI, Deriva, o recoñecido rapeiro Elio Toffana e a lexendaria banda de música reggae Green Valley.



“A atención aos detalles e a satisfacción do público son a nosa prioridade, garantindo que cada persoa se sinta cómoda e ben recibida. Estamos comprometidos en ofrecer unha experiencia segura e divertida para todos", subliñan dende a organización.

NOTICIAS VERÍN | Green Valley actuará no festival "Extruga na rúa"