viernes. 19.04.2024
Equipo organizador do Galician Freaky Film Festival
Equipo organizador do Galician Freaky Film Festival

A nova edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, xa se atopa na súa conta atrás. Esta cita, que se consolida no calendario cultural, terá ó Galician Freaky Film Festival como convidado para amosar o su humor "salvaxe". "Contar con eles supón tender pontes a outros formatos e a un certame moi singular", resalta Carlos Montero, director do FIC.

O "singular" Galician Freaky Film Festival aterrizará en Verín para amosar os traballos máis "gamberros". Juan de Castro, director do certame, destaca que este certame é unha mostra "de pezas de xénero underground, de vangarda e fantásticas feitas en Galicia".

Contar co Galician Freaky Film Festival supón tender pontes a outros formatos" (Carlos Montero, director do FIC)

O festival, producido por Abella Producións, tamén se consolida tras seis anos en marcha. Isto tradúcese "nunha trintena de estreas do xénero fantástico" en Galicia, como destaca De Castro.

Os seus traballos máis relevantes proxectaranse en Verín e non deixarán indiferente a ninguén. "O que nos define é o carácter gamberro, buscando sorprender e xogar co humor máis salvaxe", explica o director.

Desde o Galician Freaky Film Festival amósanse agradecidos coa oportunidade de darse a coñecer a través do FIC, coas proxeccións das curtas e coa participación nun coloquio co público. “O nivel de festivais que hai en Galicia fai que entre nós haxa moita xenerosidade e ganas de compartir mostras e de transmitir outras liñas editoriais”, engade De Castro.

NOTICIAS VERÍN | O humor "salvaxe" chega ó Festival Internacional de Curtas