jueves. 25.04.2024
Verín-pasarrúas-banda de música do Conservatorio
O Conservatorio de Verín organiza as xornadas do 24 ó 30 de maio. | FOTO: Arquivo.

O Conservatorio de Música de Verín organiza as xornadas de portas abertas do 24 ó 30 de maio. Queren, deste xeito, abrir á veciñanza o CMUS e dar a coñecer os beneficios da música na vida das persoas. Serán catro sesións de interpretacións musicais con diferentes instrumentos nos que o público asistente poderá gozar da música ao vivo e coñecer polo miúdo o traballo do Conservatorio.

O mércores 24 de maio, comezarán as xornadas de portas abertas coas especialidades de piano e percusión. Dous días máis tarde, o 26, será a quenda de unir violín e guitarra nunha nova sesión. Frauta e clarinete soarán o día 29 de maio, luns, para rematar o día 30 coa xornada dedicada á trompeta e ó saxofón. Sesións que se celebrarán no Auditorio de Verín.

Todas as sesións musicais terán lugar en horario de tarde, de 18 a 19 horas. Unha oportunidade única para gozar do bo facer do alumnado do Conservatorio de Música de Verín e coñecer cada un dos instrumentos que tocarán.

NOTICIAS VERÍN | Xornadas de portas abertas no Conservatorio de Música de Verín