sábado. 27.04.2024
Concerto da orquesta infantil do CMUS no curso pasado.
Concerto da Orquestra Infantil do CMUS.

O Conservatorio de Música de Verín inicia o novo curso lectivo co obxectivo de achegar o poder da música á veciñanza. Xa o dicía o seu director, José Luis Tielas Santiago, hai uns días na entrevista concedida a ista redacción: "Todos sabemos os beneficios que nos achega a música".

Baixo ista premisa, o CMUS abre as súas portas á cativada ofrecendo unha clase gratuíta para que nenos e nenas podan comprobar se lles gusta a música. Será o vindeiro martes, 26 de setembro, en horario de tarde, coincidindo co inicio dos cursos de "Música para peques" e de "Iniciación ó Conservatorio".

"Música para peques" é un aula dirixida a nenas e nenos de 6 anos de idade que se impartirá os martes de 17:00 a 18:00 horas. Por outra banda, o curso de "Iniciación ó Conservatorio" terá lugar tódolos martes dende as 18h. ata as 19:00 horas e está pensado para a cativada de 7 anos.

A clase gratuíta desenvolverase no horario establecido para cada grupo. Para poder participar é necesario anotarse a través diste formulario de inscrición que ten preparado o Conservatorio de Música de Verín.

NOTICIAS VERÍN | O Conservatorio ofrece unha clase gratuíta á cativada para amosar o...