jueves. 13.06.2024
190507_CONCERTO CMUS VERIN CARITAS 2019 CMZ_6
A reserva de prazas para alumnado estará aberta ata o 16 de maio no CMUS de Verín. | FOTO: Arquivo.

O Conservatorio de Música de Verín vén de abrir a reserva de prazas para alumnado de 1º, 2º e 3º dos graos elemental e profesional. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de maio e deberá realizarse no departamento de Negociado de Cultura do Concello de Verín. No caso do grao elemental, a matrícula terá carácter gratuíto.

Iníciase, deste xeito, o proceso de matrícula para o vindeiro curso lectivo, tanto no grao elemental como no profesional que imparte o CMUS de Verín. Un proceso que terá continuidade ó longo dos meses de maio e xuño, con probas de acceso para ambos graos, e que finalizará coa propia matrícula para aquelas persoas que superen con éxito ditas probas.

Así, dende o 19 de maio e ata o 7 de xuño, poderase realizar a inscrición para as probas de acceso para o primeiro curso do grao elemental e a matrícula para 1º de grao profesional. Unhas probas que se desenvolverán a partir do 12 de xuño. No que ó grao elemental atinxe, consistirá nunha proba aptitudinal que se desenvolverá o 14 de xuño. Para o grao profesional haberá unha proba instrumental o 12 de xuño; mesmo día no que se fará a proba práctica de ritmo e entoación.

Non rematan aí as probas de acceso para cursar o grao profesional, xa que deberán realizar unha teórica o día 13 de xuño. Unha vez finalizado todo o proceso de inscrición, e superadas as probas, o alumnado poderá efectuar a matrícula formal no Conservatorio de Música de Verín dende o 22 de xuño ata o 7 de xullo. 

NOTICIAS VERÍN | O Conservatorio de Música ten aberta a reserva de prazas para os graos...
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad