jueves. 25.04.2024
Cartel da nova obra de teatro de Namarella.
Cartel da nova obra de teatro de Namarella.

Namarella Teatro estreará, esta fin de semana no auditorio de Verín, a súa terceira comedia na historia do colectivo, "MMXXII O noso ano", un curiosa e readaptada recreación épica e histórica ambientada na antiga Roma. 

As entradas, que aínda están dispoñibles na oficina de turismo do Concello de Verín, teñen un prezo de oito euros e as funcións terán lugar este sábado, ás 20:00 horas, e o domingo día 10 de abril unha hora antes, ás 19:00 horas

 

É a terceira comedia que estrea este grupo de teatro verinense e na que participan, contando os técnicos de luz e son, unhas 25 personas, entre as que están tamén integrantes da Asociación Cultural O Trebón e O Mildeu e cinco rapaces do Instituto de Bacharelato Xesús Taboada Chivite de Verín. 

Segundo confirma o voceiro e membro do grupo de teatro, Miguel Tomé, "creo que é un dos nosos maiores espectáculos, porque ademais da historia que se conta, somos moitos os actores e prometemos unha grande interactividade co público asistente, ao que lle garantimos grandes momentos de bo humor. Tamén teñen un moi destacado papel as mulleres do noso colectivo, que precisamente na produción orixinal na que nos inspiramos non o tiñan e foi algo ao que lle quixemos dar a volta", explica Tomé. 

MMXXII O noso ano é a terceira obra que adapta este grupo de teatro verinense nos seus catro anos de historia, aínda que tamén protagonizaron dous espectáculos musicais coa formación Fuego Street Band

As entradas estarán dispoñibles na oficina de turismo da vila até mañá 6 de abril ás 11:30 horas. 

Namarella Teatro estrea esta fin de semana a súa terceira comedia