Que facer no seu tempo libre?

AXENDA | Espectáculos, aventura e deporte para esta fin de semana

Idoia Cuesta tamén participa no documental 'Os cesteiros de Mondariz'.

Chega unha nova fin de semana e, con ela, máis tempo libre e busca de alternativas para rematar coa rutina dos días de traballo. Aquí lles traemos toda a oferta cultural para os vindeiros tres días na comarca e arredores.

Para os máis curiosos, un documental no que se presenta o oficio da cestaría cunha clara intención de mantelo na historia ou a revelación do gran segredo... Que hai detrás dunha simple caixa?, un espectáculo para a cativada, ao aire libre, na que percorrer unha longa viaxe pola imaxinación. Ámbolos dous, en Verín.

Se o que prefiren é movelo corpo... Espéraos unha clase de baile en Vences, para danzar ao son dos mellores ritmos ou, para os entusiastas, dúas xornadas de dobre aventura en tirolina e kaiak na veciña Viana do Bolo. Un pouco máis lonxe, pero non tanto, a celebración do Día da Bici en Lubián, para desfrutar á vez do deporte e dun entorno privilexiado.

Para rematar, un espectáculo ofrecido polo Bruxo Queiman, no que coñecer a historia da nosa terra, das súas paisaxes, da súa tradición e gastronomía, no Castelo de Monterrei.