Evento
Espectáculo do Bruxo Queiman no Castelo de Monterrei
21/08/21
a
21/08/21
22:00
a
23:00
Castelo de Monterrei

09:38 do 20 de agosto de 2021
O sábado 21 á noite tedes unha cita ineludible co gran Bruxo Queiman! Ás 22:00h presenta o seu novo espectáculo, 'Queiman Folki', unha mostra da nosa terra galega. Un acto no que se mestura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, do folclore galego, neste caso enfocado á exaltación da terra, da súa gastronomía e das súas paisaxes. Entrada libre e gratuíta con tódalas medidas de seguridade.