jueves. 18.04.2024

Evento

A curta documental 'Os cesteiros de Mondariz', no Auditorio de Verín

20/8/21 a 20/8/21
20:00 a 22:00
Auditorio de Verín
Entrada ao Auditorio Municipal de Verín, sede do Conservatorio.
Entrada ao Auditorio Municipal de Verín.

Despois da súa exitosa estrea en véspera da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz, o documental sobre a tradición cesteira da localidade será presentado en varios concellos galegos atravesados por rutas xacobeas. A primeira proxección itinerante fóra de Mondariz será no concello de Verín o día 20 de agosto, ás 20:00 horas, na sede do Auditorio. A entrada será libre ata completar aforo.

A xira de presentación servirá para dar a coñecer a tradición cesteira de Mondariz e promover o intercambio cultural sobre os oficios artesáns desde a memoria pero cunha decidida visión de futuro. Nas seguintes xornadas visitará outros puntos galegos como Allariz, Rianxo ou Redondela, entre outros.

Comentarios