jueves. 25.04.2024

Evento

'Isto non é só unha caixa', un espectáculo para a cativada

20/8/21 a 20/8/21
21:00 a 23:00
Rúa Irmáns La Salle, Verín
A compañía Sarabela Teatro participa en 'Venres de conto' da Biblioteca de Verín. | FOTO: Cedida
A compañía Sarabela Teatro participa en 'Venres de conto' da Biblioteca de Verín. | FOTO: Cedida

Este venres 20 de agosto, ás 21:00h, na rúa Irmáns La Salle, agarda a todos os nenos un espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro. "Isto non é só unha caixa" é unha historia baseada nunha embalaxe de cartón que está a piques de ir ao lixo. Será a porta para abrir a imaxinación dos máis pequenos, que viaxarán entre música e contos nun constante xogo de interacción.

O aforo do evento está limitado a 30 nenos e nenas por orde de chegada. Esta actividade está enmarcada no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia e organizada pola Biblioteca Municipal de Verín.

 

 

Comentarios